O outro día foi o cumple de Martola e alá que me fun ata Coruña cunha
 tarta para ela (e de paso estrear o "transportín" para tartas que 
merquei o outro dia no LIDL e do que estou encantada). A tarta gustoulle a todo o mundo e a decoración inda máis (hei de dicir que a 
idea dos porcos non foi miña, alguén me mandou esa foto un dia polo facebook).
   Esta delicia ven sendo un biscoito de chocolate recheo 
de amorodos con nata e unha decoración de chocolate de cobertura, kit-kats
 e bonequiños de mazapán. Queredes facela???? pois velaí a 
explicación:
    INGREDIENTES:
Para o biscoito:
- 4 ovos
 - 1 vaso de azucre
 - 1 culleradiña de esencia de vainilla (opcional)
 - 2 vasos de fariña
 - 1 vaso de aceite
 - 1 vaso de leite
 - 3 culleradas sopeiras de cacao puro (se non o tedes, vale perfectamente colacao)
 - 2 culleradiñas de levadura tipo royal
 - Manteiga ou aceite para engraxar o molde.
 
Para o recheo:
- 500 gr de amorodos
 - 300 ml de nata para montar
 - 4 culleradas sopeiras de azucre
 - 1 culleradiña de vinagre
 
Para a decoración:
- Unha tableta de chocolate para doces (eu uso o de LIDL)
 - Un pouco leite
 - 1 cullerada de manteiga ou margarina
 - Kit-kats
 - 75 gr de améndoa moída
 - 75 gr de puré de patacas en pó
 - 150 gr de azucre glass
 
   Mans á obra!!! comezamos co biscoito. O truco para que os biscoitos saian esponxosos non é máis que botar sempre ás claras a punto de neve no último lugar e tamizar a fariña aos poucos, e a ser posible que os ingredientes estén sempre a temperatura ambiente (ovos, leite...) 
   O primeiro de todo é separar as xemas das claras e mezclar as xemas co azucre. Hai que remexer ben, ata que quede unha pasta homoxénea.
   A continuación, engadimos o vaso de leite e de aceite. Eu para cociñar uso aceite de oliva virxe da cooperativa do pobo do meu pai (que é de Jaén) e ese non vale para os biscoitos porque sabe moito, así que eu lle botei de xirasol que era o outro que tiña na casa. Se usades aceite de oliva normal válevos perfectamente para esta receita.
   Unha vez mezclado todo, botámoslle a esencia de vainilla (é opcional). Despois vai a fariña, o cacao (xa vos digo que vale colacao ou nesquick se non tedes cacao puro) no tamiz e imos polvillando aos poucos sobre a mezcla batindo ben, ata que esté ben ligado. Respecto ao tamiz, nas ferreterías hainos, e en tendas especializadas, pero son bastante caros (máis de 12 euros) eu merqueino en Ikea por moito menos.
   Montamos as claras a punto de neve firme e as incorporamos á masa con movementos envolventes, tratando de que quede ben ligado pero sen que baixe moito de volume. Debería quedarvos algo así (a foto non e boa, xa o sei)
   Por último, engraxamos o molde a empregar e ao forno!! Se podedes regular a temperatura poñédeo a 180º, o meu é dos antigos de gas, así que o poño na opción de lume forte. Tardará sobre uns 30-45 min, dependendo do forno. Comprobade cun palillo, cando pinchedes ata o fondo e saia limpo, sen nada pastoso pegado, é que xa está. Deixamos enfriar o biscoito para poder cortalo.
   Agora imos coa primeira parte do recheo: os amorodos. Hai que lavalos e cortalos en anaquiños. Pódense poñer xa así, sen facerlles nada, pero eu prefiro maceralos un pouquiño, están máis brandos, máis saborosos e parte do prebe que soltan sérvenos para emborrachar o biscoito. Como se fai?? ben sinxelo: poñemos os amorodos cortados nun bol e botámoslle unha cullerada de azucre e unha culleradiña, das de sobremesa, de vinagre branco. Deixámolas macerar a temperatura ambiente.
   Mentres, podemos ir facendo os adornos. Eu fixen porquiños, pero o mazapán vale para facer calquer figuriña e unha vez feita a pasta é moi doada de modelar, como a plastilina, así que podedes deixarlle ese traballo ás vosas pequechas e pequechos.                      
Tradicionalmente o mazapán faise coa mesma cantidade de améndoa que de azúcar e as claras para ligar a pasta. Así sae bastante caro, con moito sabor a améndoa e non é tan doado de modelar. Como non imos facer mazapán en si, só uns bonequiños, botamos a metade de améndoa moída e a outra metade de puré de patacas (o de paquetillo do super). Podedes ter que precisar máis azucre, dependendo da cantidade de clara que teña o ovo, botade ata que a pasta se vos despegue das mans e se poda manexar como a plastilina.
Tradicionalmente o mazapán faise coa mesma cantidade de améndoa que de azúcar e as claras para ligar a pasta. Así sae bastante caro, con moito sabor a améndoa e non é tan doado de modelar. Como non imos facer mazapán en si, só uns bonequiños, botamos a metade de améndoa moída e a outra metade de puré de patacas (o de paquetillo do super). Podedes ter que precisar máis azucre, dependendo da cantidade de clara que teña o ovo, botade ata que a pasta se vos despegue das mans e se poda manexar como a plastilina.
   Coidado co colorante!! non botedes máis ata amasar ben e ver que está toda a cor uniforme, do contrario podedes pasarvos e vos sairán uns porcos radiactivos!! (a min bastoume con dúas pinguiñas de vermello)
   Deixamos os porcos nun prato para que sequen a temperatura ambiente (eu ás veces os fago o día anterior para que logo estén un pouquiño máis duros e non se espachurren ou esmaguen no transporte ou na colocación). Se vos sobra pasta, facede unha bola, tapádea con film e metédea na neveira; dura bastante. Tamén podedes facer unhas figuriñas de mais e papalas en boa compaña!! :)
   Voltamos ao recheo. Montamos a nata coas 3 culleradas de azucre (isto é un pouco ao gusto, eu non lle boto moito azucre) e mezclamos cos amorodos e o xarope que soltaron (eu reservo un pouquiño para regar o biscoito). Reservamos na neveira ata que faga falta.
   Chegou o momento de cortar o biscoito. Ten que estar frío para que quede ben (teño destrozado moitos por impaciente). Pódese cortar cun coitelo, pero eu emprego unha lira, unha ferramenta moi útil e que merquei no Ikea nun pack xunto cunha espátula longa para untar os recheos nos biscoitos e unha pala triangular para servir as tartas (cousas que uso un montón e que sairon moi ben de prezo). Podedes ver como se emprega a lira pinchando aquí
   Unha vez feitas as capas desexadas podemos regalas un puco para que quede máis xugosiño. Se vai haber peques o mellor é mezclar un pouco do prebe dos amorodos con auga (e se queredes un pouco máis de sucre) e quentalo para facer un almíbar. Se é para adultos podedes botarlle ao xarope de amorodos un pouquiño licor ao gusto. Despois disto, botamos o recheo e pechamos.
Para a cobertura, derretimos o chocolate (ao baño maria ou no micro) e lle engadimos a manteiga e un pouquiño leite. Imos empregar isto para cubrir a tarta e para pegar os kit-kats ao borde. Eu precisei uns 12 kit-kats para a tarta, pero dependerá do molde que empreguedes.
   Unha vez pegados todos, botamos o choclate de cobertura e colocamos os cochos e para a neveira ata que haxa que comela!!!
A nós encantounos!!! Só que houbo quen se pelexou por comer os porcos (ben bos que estaban) e houbo que deixar o porco estomballado á rapaza de aniversario!! 
   Probade a facela!!! e quen a faga que lle saque foto e ma poña no facebook de Rebola e lá










Estaba boísima!!!! :D
ResponderEliminar