E ti de quen vés sendo??

Chámome Tareixa e desfruto cociñando e tecendo.
A cociña aprendina de todas as mulleres (e algún home) coas que medrei: avoas, avó, tías, padriño,veciñas e compañeirxs de piso.
Aprendín a calcetar da miña avoa, ao longo desas tardes no hospital coidando a unha da outra.
Miña tía Elena tentou ensinarme a ganchillar hai moitos anos, pero como son zurda e collo o ganchillo coa esquerda poñíase super nerviosa e non era quen de ensinarme, así que non aprendín ata hai relativamente pouco (xuño do 2012) vendo videos do youtube e pensando como pasar eses movementos á man "sinistra"...e desde esa non parei de ganchillar!!!

6 may. 2014

Feira da primavera 2014...con sorteo!!!

O pasado sábado 3 tivo lugar a feira da primavera no barrio de San Pedro, para mi é unha festa especial xa que significa o pistoletazo da saída do bo tempo, a tempada das feiras e festivais....é promesa de que o verán está por vir.



A esta feira levamos o noso postiño cargado de cousas ricas: brownie á guiness, porquiños preñaos, nubes caseiras.... ademáis de estrear un expositor superchulo que fixo meu irmán!!

Velaí unha foto do que levamos á feira:


Como queremos promocionarnos nas redes, ocurriusenos facer un sorteo entre todas as persoas que publicasen fotos ou comentarios cos nosos produtos, ben no facebbok, ben no twitter.

Velaí as fotos participantes:

Carmen González

 Carmen Salgueiro

 Eire Jasnerki

 Nacho Uve

 Rocío Rey

Ana Oliveira

Lar Xestión

E chegou o momento do sorteo!!! que nervos!!! Para que non se nos acuse de tongo nin nada polo estilo, gravamos todo o prceso, ao estilo UEFA (pero sen chanchullos como fan eles). Eis o vídeo!!



Parabéns Eire!!! ponte en contacto con nós para que che fagamos a tarta!!!

2 comentarios:

  1. cachis la mar :D, co ricas que están as tartas de Tareixa quedeime coas ganas ggg, menos mal que a teño pertiño e podo probar a súa cociña mmmm. parabens Eire!! se queres compartir cos outros participantes do concurso sen problem ehh? ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas polos parabéns! que ilusión!! se queredes quedar todos os participantes eu reparto, que sempre se come mellor unha tarta en compaña!

      Eliminar