E ti de quen vés sendo??

Chámome Tareixa e desfruto cociñando e tecendo.
A cociña aprendina de todas as mulleres (e algún home) coas que medrei: avoas, avó, tías, padriño,veciñas e compañeirxs de piso.
Aprendín a calcetar da miña avoa, ao longo desas tardes no hospital coidando a unha da outra.
Miña tía Elena tentou ensinarme a ganchillar hai moitos anos, pero como son zurda e collo o ganchillo coa esquerda poñíase super nerviosa e non era quen de ensinarme, así que non aprendín ata hai relativamente pouco (xuño do 2012) vendo videos do youtube e pensando como pasar eses movementos á man "sinistra"...e desde esa non parei de ganchillar!!!

25 ene 2013

Ganchillar con "Horquilla"

Pois resulta que sempre estiven intrigada en como era iso da "horquilla", máis cando me dixeron que era un dos métodos empregados para facer os flecos das gaitas. Preguntei a xente que coñezo que fai crochet e ninguén manexaba aquilo. Un día que estaba en Padrón fun mercar unhas agullas a Xosefa Lencería e dixéronme que os sábados á tardiña daban clases de horquilla, e alá me fun!!!
Ademais de pasar unha tarde agradable consenguín aprender a manexar a horquilla e facer varias mostras de diversos puntos e modos de enganche. Xa na casa dinlle duro para facer un foulard para min...si!! para min!!! facía ben tempo que non me agasallaba con algo.
E aquí o resultado!!



2 comentarios:

  1. Mon coñezo esta tecnica.... terei que buscar pola rede.

    ResponderEliminar
  2. Eu coñecina hai pouco, ao principio é un lío porque tes que andar ganchillando polo medio dos fíos que están enganchados á horquilla, pero pouco a pouco vas sacando algo de proveito!! :)

    ResponderEliminar